Neste proxecto realizamos unha enquisa a persoas maiores para coñecer o seu pensamento sobre o galego, así como o seu nivel de uso e a súa situación sociolingüística.
Prepoxecto
Prepoxecto
1- Elaboración da información
1.1- Conceptos e datos clave de desenvolvemento
Situación sociolingüística do galego:
- A comezos do século XX Galicia é maioritariamente rural e entre o 80 e o 90% da poboación, mentres que o castelán era a lingua das clases sociais máis adiñeiradas.
- Aparición de agrupacións có obxectivo de superar estes proxectos.
- República Española (1931-1936)
- Guerra Civil (1936-1939)
- Réxime Franquista (1939-1975)
- Constitución Española (1978)
- Estatuto de Autonomía de Galicia (1981)
- Lei de Normalización Lingüística (1983)
- Incorporación do galego como lingua vehicular a nivel administrativo (1995)
1.2- Elaboración da tese e das ideas principais
TESE: Entre 1931 e 1936, o galego acadou o seu máximo nivel de prestixio, posteriormente entrou nunha época de decadencia durante o franquismo, e actualmente está recuperándose progresivamente ainda que esta perdendo falantes
IDEAS PRINCIPAIS:
- Aumento progresivo do prestixio social dende o final do franquismo
- Pérdida de galegofalantes
- Recuperación parcial dos danos ocasionados durante o franquismo
2- Comunicación da información
2.1-Meta
Concienciar á xente da situación actual do galego. O nivel de prestixio e a necesidade dun maior número de falantes.
2.2- DAFO
Debilidades:
É moita a información da que dispoñemos, e é moi difícil interpretarla.
Temos un novo integrante. (Mera)
Ameazas:
Temos un tema que nos pode crear dificultades.
Fortalezas:
Temos un novo integrante.
Somos xente estudosa.
Oportunidades:
Temos experiencia facendo este tipo de traballos
Podemos reunir unha gran cantidade de información gracias a internet.
2.3- Accións
Creación dunha enquisa para saber entre outras; se falan galego, cal é a súa lingua materna, se teñen prexuízos cara o galego,etc. A cal realizaremos cara os pais para que estes a respondan. Subiremos a encosta ao blog e posteriormente os resultados desta.
2.4- Tarefas
Recopilación de información.
Elaboración de preguntas.
Estructurar a enquisa
2.5-Necesidades
Alumnado
Tempo
Internet
Impresora
Proxecto
- Principio do século XX:
A comezos do século XX Galicia é maioritariamente rural e entre o 80 e o 90% da poboación, mentres que o castelán era a lingua das clases sociais máis adiñeiradas.
Demograficamente o galego era, sen dúbida, a lingua maioritaria. O castelán era moi minoritario e só se falaba nas cidades e nalgunhas vilas onde residían as clases altas con maior poder económico. Mentres, o galego, ao ser a lingua das clases baixas non gozaba de prestixio social, estaba marxinado da cultura e da escrita e carecía do rexistro culto necesario para eses usos. Desta situación xurdiron os prexuízos que o cualificaban como lingua inculta, incapaz de servir para a comunicación intelectual.
Os seus propios falantes eran conscientes desa relación de subordinación con respecto ao castelán, polo que intentaban cambiar de lingua cando se dirixían a persoas das clases altas e acomodadas (médicos, avogados, comerciantes…)
- Aparición de agrupacións có obxectivo de superar os problemas do galego.
Co obxectivo de superar esta situación, xorden neste primeiro terzo agrupacións e organismos moi relevantes política e culturalmente para Galicia e a lingua galega:
• As Irmandades da Fala, creadas en 1916, e o seu voceiro, a revista A nosa Terra (1916-1936)
• O Grupo Nós e a súa revista Nós, (1920).
• O Seminario de Estudos Galegos (SEG), fundado en 1923.
Os intelectuais comprometidos nestes tres proxectos esforzáronse en dotar á lingua dun rexistro formal e científico e convertela así en lingua de cultura. Defenden a lingua de xeito práctico e activo: fan un verdadeiro papel normalizador empregando o galego en contextos nos que estivera marxinado durante séculos.
- República Española (1931-1936)
En 1931, proclámase a II República na que se declara oficial o castelán no ensino infantil e primario, e aínda que se reclamou a oficialidade do galego, isto nunca chegou.
En 1932 comézase a contemplar a oficialidade do galego en España e en Galicia, ao igual que a creación dos Estatutos de Autonomía, pero non é ata 1936 cando isto se leva a cabo, este feito declara o galego cooficial co castelán e fai que se inclúa no ensino.
Ademais, en 1931, fundouse o Partido Galeguista, de carácter nacionalista galego, que axudou moito á literatura e á cultura galega.
- Guerra Civil (1936-1939)
O inicio da Guerra Civil produciuse en 1936 có golpe de estado de Francisco Franco, a partir dese momento Galiza entrou nun estado de restrición da súa lingua. Na que o intento de realizar o estatuto de autonomía de Galiza en 1936 quedou paralizado. Todos os avances que realizou a Real Academia Galega coa fixación do galego e depuración quedaron inmóbiles e ata se retrocedeu no aspecto dos avances.
- Réxime Franquista (1939-1975)
Durante a ditadura de Franco o galego prohibiuse en calquera das competencias lingüísticas aínda que se seguiu falando, sobre todo no rural e no ámbito familiar.
En canto aos autores/as que realizaban as súas obras en galego foron perseguidos e a gran maioría marcháronse ao exilio en América, tanto para salvar a súa vida como para poder seguir publicando obras en galego. Non foi ata 1950 coa creación da Ed.Galaxia, cando comézase a realizar publicacións en galego na Península Ibérica, pero aínda que o estado franquista dera a súa aprobación para a creación desta editorial, foi paralizada en moitas ocasións, unha das razóns era que algunhas das obras publicadas tiñan unha mensaxe agochada en contra da ditadura ou un oposicionamento directo a ela. Non foi ata 1975 coa morte de Franco cando o galego recuperou a liberdade perdida, aínda que para ese momento os prexuízos cara o galego estaban demasiado expandidos.
- Constitución Española (1978)
O fenómeno de desgaleguización social avanza a un ritmo moito máis acelerado: a xente marcha ás cidades e deixa de lle falar galego aos fillos, o ensino, a Igrexa e os medios de comunicación só usan o castelán.
Mais, malia todos os atrancos, o galego segue sendo, no ano 1975, a lingua maioritaria do país (75-80%).
No camiño de busca dunha norma culta aumenta a conciencia da súa necesidade, e podemos caracterizala polo desexo de simplificación ortográfica (eliminación de guións e apóstrofos) e de depuración léxica (rexeitamento de castelanismos, incorporación de neoloxismos e cultismos...)
No ano 1978, Galicia igual có resto do Estado, volve a contar cunha Constitución democrática que no seu articulado proclama a "vontade de protexer a todos os españois e pobos de España no exercicio dos dereitos humanos, as súas culturas e tradicións, linguas e institucións", ao tempo que senta as bases dunha nova configuración xurídico-política: o Estado das Autonomías. Co réxime democrático Galicia convértese en Comunidade Autónoma, tendo como linguas oficiais o galego e o castelán se ben a Constitución marca o dereito e o deber de coñecer o castelán pero só o dereito de coñecer o galego para os cidadáns galegos.
- Estatuto de Autonomía de Galicia (1981)
O Estatuto de Autonomía de galiza (ou sinxelamente Estatuto de Galicia), é a norma institucional básica de Galiza. No marco da Constitución española de 1978, o Estatuto de Galiza, recoñece a esta comunidade autónoma a súa condición de nacionalidade histórica. Di que os poderes nos que se basea son o propio Estatuto, a Constitución e o pobo galego. Establece un marco democrático de solidariedade entre todos cantos integran o pobo galego.
No estatuto recóllese entre outras cousas:
- O recoñecemento do galego como lingua propia de Galiza (e a cooficialidade co castelán)
- Os símbolos propios do país galego: bandeira, escudo,...
- A división e organización administrativa do territorio en provincias, comarcas e parroquias rurais
- O recoñecemento das comunidades galegas no estranxeiro
- Facenda e patrimonio propios
- Diversas competencias de acordo coa Constitución e as leis de solidariedade entre as comunidades que conforman España.
- Lei de Normalización Lingüística (1983)
A Lei de Normalización Lingüística ou Lei 3/1983, (publicada no DOG nº 84, de 14 de xullo de 1983) é un desenvolvemento do estatuto de autonomía de Galiza que ten como obxectivo normalizar a situación do idioma galego tanto na súa situación legal como no seu uso. Carlos Casares Mouriño participou na súa redacción.
Como di na súa introdución:
A lingua é a maior e máis orixinal creación colectiva dos galegos, é a verdadeira forza espiritual que lle dá unidade interna á nosa comunidade.
Esta lei regula os dereitos lingüísticos dos galegos e o status das linguas oficiais na comunidade autónoma galega (ademais de protexer o galego exterior)
Entre as súas disposicións mais importantes figuran:
- Artigo 1: O galego é a lingua propia de Galicia.
- Artigo 3: Os poderes públicos de Galicia adoptarán as medidas oportunas para que ninguén sexa discriminado por razón de lingua.
- Artigo 10: 1. Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega.
- Artigo 14: 1. A lingua galega é materia de estudo obrigatorio en tódolos niveis educativos non universitarios. Garantirase o uso efectivo deste dereito en tódolos centros públicos e privados.
- Incorporación do galego como lingua vehicular a nivel administrativo (1985)
No ano 1985 xorden a Televisión de Galicia e a Radio Galega. O primeiro foi -e aínda é- un motivo fundamental para manter presente a lingua galega nos medios de comunicación audiovisuais e contribuír á normalización da lingua neste ámbito ata este entón bastante desasistida. En canto á Radio Galega, tamén tivo e ten o mérito de manter unha canle monolingüe de calidade e con interese pola cultura propia. Ambos os dous medios son referentes canto á calidade no mundo dos medios de comunicación actuais, e presentan taxas de audiencia aceptables e, nalgúns programas, altos. Foi especialmente a Televisión de Galicia a que rompeu máis tópicos e prexuízos ao pór a falar en galego persoas das máis variadas nacionalidades e tempos. No século XXI a nosa lingua segue a se manter viva, protexida pola lexislación vixente, e cun elevado número de falantes. Só queda, pois, facer camiño tomando como exemplo o teimudo labor daqueles que, dentro e fóra de Galicia, nunca deixaron de traballar pola normalización da nosa lingua.
Enquisa
1- Cal é a lingua materna do seu fillo/a?
a)Galego
b)Galego e castelán
c)Castelán
2- Cal é a lingua habitual que fala o seu fillo/a con vostede?
a)Galego
b)Galego e castelán
c)Castelán
3- En qué lingua preferiría que o seu fillo/a fose educado na escola?
a)En galego
b)A maioría das asignaturas en galego
c)A metade das asignaturas en castelán e a outra metade en galego
d)A maioría das asignaturas en castelán
e)Todas en castelán
4- En qué lingua preferiría que estiveran escritos os libros de texto dos seus fillos?
a)En galego
b)A maioría das asignaturas en galego
c)A metade das asignaturas en castelán e a outra metade en galego
d)A maioría das asignaturas en castelán
e)Todas en castelán
5- En que idioma preferiría que o seu fillo realizara os exames das materias diferentes á lingua galega?
a)Galego
b)Castelán
c)É indiferente
6- Cal é a súa lingua materna?
a)Galego
b)Castelán
c)Outra
7- Que lingua utiliza vostede habitualmente?
a)Galego
b)Castelán
8- Defende e apoia o galego?
a)Si
b)No
c) É indiferente
9- Cree que o galego está perdendo falantes?
a)Sí
b)No
10- Cómo fablaba cós seus pais?
a) Só galego
b) Só castelán
c) Máis galego
d) Máis castelán
e) Os dous por igual
11-Cómo fala cós seus amigos?
a) Sólo galego
b) Sólo castelán
c) Máis galego
d) Máis castelán
e) Os dous por igual
12- Nos servicios públicos (hospital, biblioteca...) fala:
a) Só galego
b) Só castelán
c) Máis galego
d) Máis castelán
e) Os dous igual
13- ¿Está de acordo coa difusión e a normalización da lingua galega?
a) Sí
b) Non
c) Dame igual
14- Uso da lingua galega (pode escoller máis dunha opción):
a) Sei ler
b) Sei falar
c) Entendo
d) Todas as anteriores
15- Ten algún prexuízo sobre o galego? Cal?
………………………………………………………………...
Resultados da enquisa
Os principais prexuízos sobre a lingua galega son:
- O galego é para a xente das aldeas e do monte
- O galego non para de cambiar a súa normativa e é moi difícil de falar
- O galego é lingua de pobres e brutos
A enquisa realizada reveluonos que o galego é unha lingua que a maioría da poboación apoia, pero non fala, o que fai que este perda falantes. Tamén revelounos que moita xente ten prexuízos cara ao galego e por iso non a fala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario